Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo de Coach by Cigna

Coach by Cigna a app que fomenta a vida saudable

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/06/15 (09:06)

Se estás a buscar algo máis que un adestrador persoal para ter uns hábitos máis que saudables non te podes perder a última versión da aplicación móbil Coach by Cigna. Esta app que presentou Samsung este martes xunto á compañía especializada en servizos de saúde Cigna utiliza preguntas sinxelas para identificar o tipo de personalidade que ten o usuario, saber que desexa, que necesita e cales son as súas preferencias para posteriormente proporcionarlle os plans máis adecuados ás súas características.

O obxectivo desta aplicación é axudar a calquera tipo de persoa sexa cal for a súa personalidade a priorizar a súa saúde e a coñecer os problemas médicos que poden carrexar os malos hábitos. Para iso pon en mans dos usuarios diferentes programas de saúde, alimentación e plans de exercicio, con vídeos ilustrativos así como o apoio de coaches especialistas en saúde que axudan aos usuarios a centrarse en mellorar en cinco categorías: nutrición, exercicio, soño, tensión e control do peso.

"O propósito de Cigna é atopar novas formas de axudar ás persoas a levar unha vida máis saudable e segura", destacou Heather Valteris, director global de canle e mercadotecnia de alianzas de Cigna. "Realizamos numerosas probas, aprendemos e agora estamos a envorcar a nosa experiencia na seguinte xeración de Coach by Cigna. Con varias preguntas sinxelas, podemos coñecerte, saber as túas preferencias e decidir cal é o mellor camiño para chegar até onde queres estar", apuntou.

Os usuarios terán a opción de personalizar os seus obxectivos de saúde e seleccionar os plans recomendados por Coach by Cigna, acompañados de mensaxes motivadoras. Ademais esta aplicación proporciona distintivos que recoñecen os logros e a actividade física, para que os usuarios non esquezan ningún dos seus éxitos. Este programa complementa á aplicación S Health de Samsung.

"Grazas á colaboración con Cigna, podemos pór en mans dos usuarios tecnoloxía de saúde avanzada, convertendo ás nosas aplicacións nunha parte informativa e integral das súas vidas diarias", engadiu.

Polo momento Coach by Cigna está dispoñible de forma gratuíta na tenda Google Play para os dispositivos móbiles Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 Edge, Samsung Galaxy S5, Samsung Galaxy Note 4 e Samsung Galaxy Note Edge.

Esta app non ten como obxectivo o de substituír o veredicto dun profesional médico polo que recomendan consultar a un especialista antes de seguir este tratamento.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal