Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
José Manuel Delicado

Un alumno con discapacidade visual crea unha App accesible que monitoriza datos sanitarios

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/06/15 (11:40)

Un alumno con discapacidade visual da Universidade Rei Juan Carlos (URJC) creou unha aplicación que permite monitorizar datos sobre saúde e que pode ser utilizada por persoas con esta discapacidade.

Segundo explica a universidade, esta aplicación baséase no envío de datos a un teléfono móbil e foi desenvolvida no traballo fin de Grao de José Manuel Delicado, estudante de Enxeñaría do Software. Consta dun kit 'm-Health', que mide a respiración e parámetros como a temperatura, a resistencia ou a conductancia da pel, datos que despois se transmiten de forma inalámbrica a unha aplicación para 'iPhone'.

'Esta aplicación permite conectarse a unha plataforma hardware con sensores médicos e obter información do paciente que leva conectados eses sensores para medir distintos puntos biolóxicos', explica José Manuel Delicado, quen ademais aborda no seu traballo os problemas cos que se atopa unha persoa con discapacidade visual á hora de desenvolver unha plataforma similar.

Delicado apunta que 'durante o desenvolvemento da aplicación xurdiron multitude de problemas, a maioría relacionados coa accesibilidade'. 'Como a contorna de desenvolvemento de Arduino e de Xcode non era 100% accesible, tívenme que facer con ferramentas alternativas que demoraron o meu proceso de desenvolvemento, pero que a través de opcións de comandos a baixo nivel puiden realizar', declarou durante a defensa do seu traballo.

Así mesmo, os deseñadores de interfaces gráficas de Xcode e outras contornas de desenvolvemento tampouco son accesibles, polo que tivo que crear a interfaz visual escribindo código sen acceder ás vantaxes dos interfaces gráficos.

Para unha persoa con discapacidade visual, estas dificultades supoñen un maior esforzo á hora de desenvolver unha aplicación aínda que, segundo José Manuel Delicado, tamén teñen a súa parte positiva. 'Hei de dicir que aprendín cousas que alguén que usa estes deseñadores probablemente non aprendería', destacou.

Outro resultado deste traballo foi a creación dunha máquina virtual co sistema Mac OS X de Apple. 'Houbo que creala porque os dispositivos de Apple son demasiado caros e no desenvolvemento do TFG non se dispuña de ningún', dixo. A vantaxe é que a partir de agora, con esta máquina, calquera persoa que teña un equipo coa suficiente potencia poderá programar para Apple. 

Tema: Xeral
Fonte: TeInteresa.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal