Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Premio Raíña Letizia 2015

O Real Padroado sobre Discapacidade convoca os Premios Reina Letizia 2015 en tres das súas categorías

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/06/15 (11:06)

O Real Padroado sobre Discapacidade convoca os Premios Raíña Letizia 2015 nas categorías de Accesibilidade Universal de Municipios, Tecnoloxías da Accesibilidade e Rehabilitación e de Integración.

Estas convocatorias enmárcanse nos fins e obxectivos do Real Padroado sobre Discapacidade, como son a promoción e mellora da prevención de deficiencias e da atención ás persoas con discapacidade, así como do seu desenvolvemento persoal, inclusión e consideración social.

Na categoría de Accesibilidade Universal de Municipios o obxectivo será recompensar aos municipios que desenvolveron un labor continuado, nun período de tempo non inferior a cinco anos, no campo de accesibilidade universal das persoas con discapacidade ao medio físico, a educación o lecer, a cultura, o deporte, o transporte, o turismo e as novas tecnoloxías da información e da comunicación, programado e avaliado cuxos resultados merezan esta distinción.

Pola súa banda, na modalidade de Tecnoloxías da Accesibilidade o fin do premio será recoñecer o labor continuado dunha persoa física ou xurídica realizada en cinco ou máis anos, ou premiar un proxecto con perspectiva de continuidade, en ambos os caso sempre no campo da accesibilidade ás tecnoloxías da información e a comunicación para as persoas con discapacidade apoiando a igualdade de oportunidades e a inclusión tecnolóxica.

E no caso da categoría de Rehabilitación e de Integración a intención é galardoar o traballo realizado nun tempo non inferior a dez anos, de investigación científico-técnica no campo da rehabilitación da discapacidade, nas súas distintas facetas, e en orde á integración das persoas con discapacidade na sociedade.

O prazo de presentación será de 40 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no BOE, entre outros requisitos para a categoría de Tecnoloxías da Accesibilidade, nos casos de Accesibilidade Universal dos Municipios e de Rehabilitación e de Integración serán de 45 e 60 días naturais respectivamente.

As solicitudes serán dirixidas ao Secretario Xeral do Real Padroado sobre discapacidade e deberán ser presentadas na sede do organismo, rúa de Serrano, 140, 28006, de Madrid, ou nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

As convocatorias deste ano pódese consultar nas seguintes ligazóns:

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal