Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Premios Discapnet III Edición

Os internautas deciden desde hoxe a empresa tecnolóxica máis comprometida coa discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/06/15 (10:25)

Os usuarios de internet deciden desde este luns 1 de xuño, e até o próximo 31 de agosto, cal é a empresa tecnolóxica que mellor integrou a accesibilidade nos seus produtos e servizos. Esta categoría é a primeira vez que se inclúe dentro dos Premios Discapnet, que se fallaron a comezos de maio e que se entregarán durante a celebración do Congreso Internacional de Turismo e Tecnoloxía para todas as persoas, os próximos 23, 24 e 25 de setembro en Madrid.

Para iso, o xurado seleccionou catorce grandes multinacionais que destacan por contemplar o deseño para todos e a accesibilidade nalgúns dos seus produtos e servizos. Excluíronse da votación popular as multinacionais que centran a súa actividade no desenvolvemento de produtos e servizos específicos para persoas con discapacidade.

As multinacionais seleccionadas e os motivos que levaron á súa inclusión nesta votación popular, son:

  • Adobe: por integrar funcionalidades para a etiquetaxe de documentos accesibles e por facilitar a súa lectura ás persoas con discapacidade e maiores.
  • Amazon: por incorporar características de accesibilidade nas súas plataformas web e móbil para a realización de compras online.
  • Apple: por conseguir que os seus computadores, smartphones e outros dispositivos sexan accesibles sen a necesidade de instalarlle produtos de apoio.
  • eBay: por integrar características de accesibilidade nas plataformas web e móbil para compras online.
  • Google: por incorporar características de accesibilidade no sistema operativo Android e nalgúns dos seus servizos web.
  • Microsoft: por incorporar características de accesibilidade no seu sistema operativo e software ofimático, especialmente para computadores.
  • Olympus: por integrar características de accesibilidade nalgúns modelos de gravadoras de audio.
  • Orange: por ofrecer servizos de utilidade para persoas con discapacidade e por fomentar a accesibilidade tecnolóxica mediante a súa fundación.
  • Panasonic: por integrar características de accesibilidade nalgúns modelos de televisión.
  • Paypal: por incorporar características de accesibilidade no seu sistema de pago por Internet.
  • Samsung: por integrar características de accesibilidade nalgúns modelos de dispositivos móbiles e de receptores de televisión.
  • Telefónica: por ofrecer servizos de utilidade para persoas con discapacidade e por fomentar a accesibilidade tecnolóxica mediante a súa fundación.
  • Twitter: por integrar características de accesibilidade na rede social, especialmente desde dispositivos móbiles.
  • Vodafone: por dispor de canles de comunicación accesibles (sitio web), por ofrecer servizos de utilidade para persoas con discapacidade e por fomentar a accesibilidade tecnolóxica mediante a súa fundación.

Pode participar calquera persoa que dispoña dunha conta de correo electrónico, e para exercer o voto deberá acceder á Web Oficial dos Premios Discapnet.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal