Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Usuario con teléfono móbil

Top 10 das mellores aplicacións médicas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/06/15 (08:55)

Supoñen un gran avance no que se coñece como 'novo medicamento' e son utilizadas por un gran número de individuos: desde pais, que buscan controlar o estado dos seus bebés; deportistas, que poden monitorizar a súa actividade mentres que fan exercicio ou xente maior, que a través dos recordatorios poden saber a hora de toma dos seus medicamentos.

Nun dos sectores tecnolóxicos que máis crece por ano, cunhas previsións de crecemento do 23 por cento para o próximos cinco anos, segundo as estimacións realizadas por un estudo de Deloitte. O 7 por cento das descargas totais corresponde a América Latina, un mercado que se atopa en constante crecemento.

Brasil, México e Arxentina lideran o mercado latinoamericano, concentrando un 67 por cento dos proxectos en novas tecnoloxías para a saúde, segundo recolle a Organización Mundial de Operadores Móbiles, a GSMA.

As aplicacións médicas en castelán convertéronse nos últimos anos nun mercado emerxente, que xera numerosos ingresos a través das descargas e a publicidade insere nas mesmas. Ao redor do 66 por cento das 'apps' de saúde máis utilizadas son gratuítas, mentres que un 34 por cento é de pago, segundo recolle un informa de TheAppDate.

Os usos das aplicacións médicas son moi variados e numerosos: permiten resolver dúbidas sobre unha determinada enfermidade, aclarar conceptos, ou consultar datos, que poden ser útiles tanto para profesionais, como para todos os cidadáns. Ademais, pódense utilizar para controlar a toma de medicamentos, a inxesta de auga, o exercicio físico ou o control de enfermidades crónicas.

Segundo destaca TheAppDate, o seu uso distribúese de maneira equilibrada entre estas categorías, destacando a obtención de información, nun 24 por cento; a monitorización de actividades físicas e por último, o seguimento e tratamento de enfermidades, que alcanza un 18 por cento.

Segundo o informe, as mellores aplicacións, a nivel de premios, descargas e ingresos, son as seguintes:


1. '3O ANOS DE VIH'

É unha aplicación gratuíta en castelán que permite coñecer a historia, as orixes e desenvolver unha guía de información científica sobre o VIH. Con máis de 10.000 descargas, o seu principal público obxectivo son profesionais do sector que queiran aumentar os seus coñecementos.

2. 'CONTIGO'

'Contigo' é unha aplicación moi persoal e conmovedora que recolle a historia de 16 mulleres que superaron un cancro de mama. O seu obxectivo fundamental é axudar a outras pacientes que están a pasar por esa enfermidade. Ademais, contén información científica, que pode axudar ás pacientes a comprender mellor a súa situación.

3. 'DOCTORALIA'

É unha aplicación útil para profesionais e pacientes, serve para xestionar citas médicas, atopar especialistas e proporcionar un espazo para que os pacientes poidan dar a súa opinión sobre os servizos dos seus doutores.

4. 'iDOCTUS'

Serve para axudar aos médicos nas consultas, permítelles documentarse, consultar conceptos, archivos e por último, axudarlles a poder emitir un diagnóstico.

5. 'SOCIAL DIABETES'

É unha ferramenta útil para aquelas persoas que padezcan diabete tipo 1 e 2, xa que lles permite calcular a dosis de hidratos que poden tomar, a administración de insulina.

6. 'ABLAH'

Esta aplicación axuda aos pacientes con autismo a mellorar as súas dificultades de fala. Mellora a situación entre pacientes e familias e facilita a comunicación entre ambos.

7. 'DERMOMAP'

És unha aplicación para profesionais e axuda ao diagnóstico de enfermidades da pel e está avalada por numerosos grupos de dermatoloxía a nivel nacional.

8. 'ENDOMONDO'

'Endomondo' é un entreador persoal que rexistra a actividade dos seus usuarios a través da súa conta de Facebook. Regula os exercicios, rutas, latido cardíaco.

9. 'SANITAS EMBARAZO'

Ofrece información útil sobre o embarazo, o crecimiento do bebé así como consellos para a futura nai (alimentación, visitas ao xinecólogo, peso, etc). Todo elo elaborado por especialistas.

10. 'UNIVERSAL DOCTOR SPEAKER'

É unha aplicación que recolle numerosos dicionarios médicos que permite aos seus usuarios comunicarse con doutores de todo o mundo. Deste xeito, poderás acudir ao médico en calquera país do mundo sen sentir a preocupación de non poder entender ao doutor.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal