Orange Signos, o servizo de atención ao cliente de Orange en Lingua de Signos Española (LSE), xa está dispoñible puntos de venda da operadora localizados en Barcelona, Madrid, Pamplona, Sevilla e Valladolid todos os venres en horario de 12 a 17h.
O servizo, desenvolvido en colaboración coa Fundación Konecta, está pensado para facilitar a interacción entre os comerciais de Orange e os clientes con discapacidade auditiva que se comuniquen en LSE e que teñan dúbidas ou preguntas sobre produtos e servizos de Orange.
O cliente que o precise, só debe achegarse a calquera dos puntos de venda nos que estea dispoñible e o comercial porase en contacto cun intérprete de LSE a través dunha Tablet.
O portal de Orange ofrece máis información sobre Orange Signos e os puntos de venda que ofrecen o servizo.
Rexístrate como: