ABANCA lanzou unha versión da súa aplicación Banca Móbil accesible para persoas con discapacidade. A ferramenta, desenvolvida para terminais iPhone, foi certificada co selo de accesibilidade universal de ILUNION Accesibilidade, Estudos e Proxectos, pertencente ao grupo empresarial do ONCE e a súa Fundación.
A aplicación é compatible con VoiceOver, o lector de pantallas de Apple, e, ademais, permite aos usuarios con baixa visión personalizar en contraste de cores e o fondo.
Banca Móbil é gratuíta e está dispoñible para descarga desde iTunes e desde o portal de ABANCA, que ademais ofrece máis información sobre esta aplicación.
Rexístrate como: