A Fundación Edad&Vida abriu a convocatoria do II Premio Edad&Vida a asociacións de persoas maiores estatais, autonómicas ou locais, que financiará o desenvolvemento dun proxecto innovador no ámbito do envellecemento activo e saudable.
Nesta edición preténdese fomentar e apoiar aquelas iniciativas que contribúan a un mellor envellecemento da poboación, como resposta ao aumento da esperanza de vida nos últimos anos. Neste contexto, adquire un papel cada vez máis importante a prevención de enfermidades e a promoción dunha vida activa e saudable, non só entre a poboación de idade avanzada, senón a todas as idades.
O II Premio Edad&Vida a asociacións de persoas maiores ten unha dotación económica total de 6.000 euros que se destinarán integramente ao desenvolvemento daquela iniciativa que resulte seleccionada polo Xurado da Convocatoria.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 30 de xuño. O fallo do xurado comunicarase no mes de setembro e a entrega do II Premio Idade&Vida terá lugar o 1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, en Madrid.
Rexístrate como: