Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Proxecto "aQuelando3"

A Deputación de Pontevedra programa unha xornada de uso das novas tecnoloxías para buscar emprego

  • No desenvolvemento da xornada preténdese sensibilizar as persoas participantes para potenciar o uso das ferramentas informáticas.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/05/15 (10:11)

 EMPREGO EN REDE é unha xornada organizada pola Deputación de Pontevedra a través do Pacto pola Calidade e a Produtividade Social no Emprego do proxecto "aQuelando3", que está cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo, coa finalidade de integrar as novas tecnoloxías na busca de emprego para conseguir a inserción laboral.

O obxectivo é fomentar, motivar e mostrarlles ás persoas desempregadas da provincia de Pontevedra cales son as principais formas de entrar en contacto coas diferentes fontes de busca de emprego mediante as novas tecnoloxías, traballando o desenvolvemento profesional e respondendo ás necesidades das organizacións no mercado laboral da economía dixital.

O desenvolvemento tecnolóxico e o uso das TIC provocaron cambios na sociedade, dando lugar a novos escenarios nos procesos de integración socio-laboral. Non hai dúbida de que as formas de acceder ós procesos de selección das empresas evolucionaron e son diversas debido ó uso das novas tecnoloxías.

Hai que destacar a importancia, cada vez maior, que teñen as redes sociais así como promover un bo uso destas para ser eficaces e eficientes nos procesos de busca de emprego.

O relator será Xosé Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo, que trasladará aos asistentes que as formas de acceder aos procesos de selección das empresas evolucionou e son diversos grazas ao uso das novas tecnoloxías. E explicará como empregalas.

Tema: Xeral
Fonte: Deputación de Pontevedra
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal