Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Google for Nonprofits

Google ofrece un programa ás ONG españolas para cambiar o mundo "en tempo real"

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/05/15 (09:35)

Google España presentou o programa 'Google for Nonprofits', unha plataforma que contén ferramentas de traballo "en tempo real" de Google destinadas ás empresas e adaptadas para que as organizacións sen ánimo de lucro multipliquen a repercusión das súas accións altruístas. Para usalas, as ONG terán que validarse a través do proxecto 'Dono', xestionado pola área de Consultoría de ILUNION.

Ismael Yuste, coordinador de Google Apps para 'Google for Nonprofits', definiu o obxectivo do programa como "cambiar o mundo desde o lugar no que esteas", o que no caso das ONG vai supor transformar o seu modo de traballar.

"Vai permitir colaborar dunha maneira nova, en tempo real. Este tipo de cambio de filosofía pode axudar a traballar de maneira máis áxil, a transformar esa forma de axudar", dixo Yuste nun encontro informativo na sede de Google en Madrid.

O programa posibilitará ás entidades usar a plataforma publicitaria gratuíta Google Ad Grants, similar á versión Adwords de pago para empresas, que fará que a ONG cheguen a máis doantes e colaboradores de forma gratuíta (poderán dispor dunha difusión valorada en 10.000 dólares mensuais, que optimizada triplicaríase). As organizacións tamén poderán utilizar as múltiples ferramentas de Google Apps, que supón o produto máis novo de 'Google for Nonprofits', e a canle Youtube, nunha versión mellorada para subir vídeos a Internet.

Segundo explicou Yuste, a proposta de Google Apps para as ONG inclúe certas adaptacións e ampliacións de aplicacións das que as entidades sen ánimo de lucro poden sacar máis utilidade, como Gmail (duplícase a capacidade por conta até os 30 G), Hangouts (para chatear ou organizar videoconferencias), Calendar (aplicable á xestión de eventos e reunións con voluntarios, por exemplo), Google+ (de utilidade para campañas de mercadotecnia e comunidades de intereses), e outras 'apps' que permiten traballar de forma "colaborativa", como o disco duro na nube Drive; Docs, para intercambiar en tempo real ideas e proxectos; a ferramenta de presentacións Spreadsheets, e as follas de cálculo Sheets.

Así mesmo, as ONG poden acceder a Forms, para elaborar formularios, e deseñar as súas propias webs (con intranet incluída) a través de Sites, aplicación que permite integrar todas as aplicacións xa citadas. Todos estes programas poden usarse de forma conxunta ou por separado, sempre co requisito de que ILUNION recoñeza ao solicitante como entidade sen ánimo de lucro a través de 'Dono' ('www.proyectodono.org').

Aínda que as ONG contan con 'sites' en castelán para poder coñecer cada produto que lles ofrece Google, a compañía celebrará nas próximas semanas xornadas de formación nas que se abordarán diversos bloques temáticos sobre este proxecto pioneiro en España.

 

38 millóns a través de 'DONO'

Durante a súa intervención, Ana Uruñuela, directora xerente de ILUNION Consultoría, detallou que para acceder ao programa de Google, dispoñible a través de 'http://www.google.es/nonprofits/', as organizacións deben validarse a través do proxecto 'Dono', dedicado á distribución de produtos tecnolóxicos ao terceiro sector.

Uruñuela lembrou que ILUNION, 'partner' local de Google para esta iniciativa pioneira, traballa no proxecto 'Dono', orixinario de Estados Unidos, desde que se implantou en España en 2006, e que permitiu rexistrar a máis de 4.300 entidades e tramitou doazóns que ascenden aos 38 millóns de euros.

"Unha das partes importantes da corporación ILUNION é a consultoría en accesibilidade, tanto física como tecnolóxica". Levamos practicamente 30 anos traballando en salvar todas esas barreiras tecnolóxicas para que sexan accesibles para todos", lembrou.

Froito desa experiencia, a xerente concretou que o papel da entidade que representa con 'Dono' é "supervisar e comprobar toda a información sobre o doante, facer a tramitación sobre a solicitude de doazón e o control e a burocracia do proxecto".

Uruñuela tamén testacó que o grupo ILUNION ten gran proximidade ao terceiro sector, que está presente en case todos os sectores e que o 32% dos seus 31.000 empregados teñen algún tipo de discapacidade.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal