Investigadores do Hospital infantil C.S. Mott (Michigan, EEUU) empregaron impresión 3D con tecnoloxía láser para desenvolver férulas personalizadas, con forma de pequenos tubos porosos, que permitiron salvar a vida de tres bebés afectados por unha enfermidade respiratoria incurable. Os resultados publicáronse no último número da revista Science Translational Medicine.
Segundo explicou a Sinc Glenn Green, profesor de otorrinolaringología pediátrica neste hospital e autor principal do traballo, esta técnica, nunca antes utilizada, 'supón un gran paso adiante no tratamento de nenos con traqueobroncomalacia, unha enfermidade que impide unha respiración normal ao provocar colapsos sucesivos da traquea'.
Bebés de tres, cinco e 16 meses
O equipo multidisciplinar, integrado expertos en otorrinolaringología, enxeñeiros biomédicos e cirurxiáns, desenvolveu estás férulas que logo foron implantadas en tres bebés de tres, cinco e 16 meses. Todos eles sufrían distintas variedades de traqueobroncomalacia, polo que as súas expectativas de supervivencia eran moi baixas, di o autor.
Green sinala que o deseño das férulas 'baseouse en imaxes tomográficas, que se obteñen a partir da combinación de diversas radiografías, manipuladas mediante software'.
Ademais, 'a impresión 3D con láser das férulas permitiunos axustalas a escala submilimétrica ás características de cada paciente', engade.
Os dispositivos teñen a forma de diminutos tubos baleiros e porosos, con pequenos buracos. Foron cosidos ao redor das vías respiratorias e o seu deseño permite que se abran progresivamente para permitir o crecemento das vías respiratorias, expandindo a traquea e os bronquios, detalla o estudo.
Férulas que se disolven
Máis dun ano despois da súa implantación, estes dispositivos médicos feitos dun biomaterial 4D (un dispositivo impreso en 3D deseñado para cambiar no tempo) 'funcionan mellor do que imaxinabamos', di Green. 'Os pacientes xa non necesitan respiración asistida nin sedación', engade.
Tampouco precisan alimentación intravenosa, xa que se liberaron das proteínas que lles provocaban inmunodeficiencia ao impedirlles asimilar comida.
Agora, as férulas xa se están disolvendo e espérase que, para cando o fagan de maneira definitiva, a traquea destes nenos sexa completamente igual á dos nenos sans.
Green tamén comentou a Sinc que el e o seu equipo xa están a desenvolver outros dispositivos experimentais destinados a adultos e para tratar casos de traqueobroncomalacia severa.
Rexístrate como: