Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Aula con persoas traballando sobre ordeadores portátiles

Coñece aos gañadores do congreso HackForGood

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/04/15 (13:17)

Até un milleiro de hackers sociais e desenvolvedores informáticos déronse cita durante a terceira edición do 'HackforGood', a iniciativa impulsada por Telefónica que tivo lugar en Madrid ao longo da última semana. Un encontro para mozos innovadores para o desenvolvemento e posta en marcha de proxectos principalmente vinculados ao sector da discapacidade.

Concretamente, o propósito que perseguía esta iniciativa era o de xuntar por centos de desenvolvedores para construír aplicacións tecnolóxicas de relevancia que conseguisen que as cidades fosen máis accesibles e socialmente eficaces para todos os seus cidadáns.

Desta maneira, Madrid, Valencia, Sevilla, Málaga, Murcia, As Palmas, Salamanca, Valladolid e Vigo foron as rexións encargadas de acoller durante tres días un total de nove hackatóns independentes para desenvolver unha serie de proxectos que resolvesen os 150 retos sociais propostos sobre Smart Cities e Smart Societies.

Unhas xornadas na que os mozos informáticos, deseñadores, sociólogos e enxeñeiros traballaron sen descanso para deseñar aplicacións que desen resposta a eses retos e conseguir o tres premios absolutos HackForGood, que repartiron 5.000 euros entre as mellores propostas a nivel nacional.

Este ano, o primeiro premio recaeu simultaneamente sobre dous proxectos: 'Hardware Rumbo', desenvolvido na sede de Madrid, e 'Senior VOS', en Valladolid. Ámbalas aplicacións fixéronse coa vitoria final dun concurso integrado dentro da estratexia do programa Open Future de Telefónica.

En primeiro lugar, Hardware Rumbo enfocouse en aumentar a autonomía das persoas con discapacidade nos seus desprazamentos cotiáns, mediante un sinxelo sistema de vibración implantado nunha pulseira con GPS ou bluetooth.

Pola súa banda, Senior OS decantouse pola creación dun dispositivo móbil accesible para persoas maiores baseado no sistema operativo Firefox OS, que pode ser xestionado integramente por un terceiro de forma remota, e inclúe utilidades como coñecer a localización da persoa, o estado do teléfono ou un sistema de alertas e recordatorios.

O terceiro premio nacional foi a parar a 'Asprochat' unha aplicación de mensaxería instantánea para dispositivos móbiles, baseada en pictogramas e orientada a facilitar a comunicación ás persoas con discapacidade intelectual e física. Por último, o premio 'Think Big-HackForGood Global', enfocado ao ámbito sanitario foi para Take it Easy, por implementar un sistema que permite monitorizar o estado dos pacientes de cancro a través dun dispositivo instalado na colcha da calma mentres se lles administra o tratamento correspondente.

Todos eles terán a oportunidade de dar continuidade ao seu proxecto e beneficiarse dos programas da compañía de formación e mentorización, ademais de conseguir financiamento adicional para o desenvolvemento das súas aplicacións, e aumentar a súa networking.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal