A aplicación Pedius, lanzada no Reino Unido, podería faciltar a xestión das chamadas telefónicas a persoas con discapacidade auditiva e ter conversacións telefónicas en tempo real. Trátase dunha versión móbil do DTS (dispositivo telefónico para xordos) que non require o servizo dun intermediario.
A ferramenta, desenvolvida para terminais que operen con Android ou iOS, está baseada nun sistema de recoñecemento de voz capaz de converter en texto calquera mensaxe en audio. Os usuarios con discapacidade auditiva terán a opción de falar polo seu móbil e recibir a resposta do interlocutor en formato texto. Así mesmo, poden escribir a súa mensaxe e o sistema converterao en audio mediante síntese de voz.
A aplicación está aínda en fase beta e dispoñible, de momento, só no Reino Unido, Italia e Estados Unidos. Os desarrolladores esperan lanzala proximamente en toda Europa, incluída España. A aplicación é de pago e o seu prezo depende dos países.
Para máis información consulte o portal Pedius, dispoñible unicamente en inglés, italiano e francés.
Rexístrate como: