Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da web cuidarbien

A Fundación Sanitas presenta 'Cuidar Bien', a primeira web centrada no cuidador de persoas con demencia

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/04/15 (10:48)

A Confederación Española de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer e outras Demencias (Ceafa) estima que en España hai aproximadamente 800.000 persoas con Alzheimer ou outras demencias, unha cifra que non para de medrar. Ademais, espérase que o número de persoas con algunha destas patoloxías se duplique nos próximos anos como consecuencia dunha pirámide poboacional invertida.

Esta previsión de crecemento tamén afecta ao número de persoas impactadas de forma indirecta pola enfermidade, fundamentalmente familiares. Segundo a 'Enquisa Sanitas sobre familiares que coidan de persoas con Alzheimer en España 2015', o perfil do coidador é unha muller (67%) de entre 56 e 70 anos. Ademais, a totalidade dos enquisados afirma que non existe suficiente información fiable dispoñible ao seu alcance, fundamentalmente a través de Internet.

Por esta razón, a Fundacion Sanitas lanza 'Cuidar Bien', a primeira web centrada no coidador de persoas con demencia. A través de www.cuidarbien.es os interesados terán acceso a toda a información, consellos e ferramentas útiles sobre como coidar da súa saúde, entender mellor o Alzheimer e outras demencias e o que supón o coidado de quen o padece, de mans dos expertos de Sanitas.

O 50% dos coidadores padecerá o 'síndrome do coidador'
Segundo David Curto, xefe de Xestión Asistencial de Sanitas Residencial, estímase que o 50% dos familiares coidadores de enfermos de alzhéimer padecerán a coñecida síndrome do coidador. 'Trátase dun conxunto de alteracións emocionais, cambios no patrón do soño, ansiedade e alteracións alimenticias que acabarán influíndo no benestar do coidador e no propio coidado ao enfermo'. Por esta razón, o doutor Curto sinala que os familiares deben de ter acceso a información fiable e dispor das ferramentas e consellos necesarios para coidarse eles mesmos.
E é que, segundo os datos da enquisa elaborada por Sanitas, a situación actual destes familiares é precaria en moitas ocasións. En termos económicos, só o 8% afirma recibir algún tipo de axuda.

'O labor dos familiares de enfermos de Alzheimer é imprescindible e esgotadora', afirma o doutor Curto, 'por iso necesitan soporte'. A través de www.cuidarbien.es, os coidadores e familiares terán acceso a información e axuda as 24 horas do día, dunha maneira próxima e personalizada, avalada pola experiencia dos profesionais de Sanitas e adaptada ás distintas etapas da enfermidade.

Por todo iso, a Fundación Sanitas, dentro do seu compromiso coa saúde e o benestar das persoas, quere axudar ao coidador de persoas con Alzheimer e outras demencias a realizar cambios positivos, para que estean máis sans e felices. Así, a web é a súa maneira de axudar aos coidadores a seguir prestando a mellor atención e coidado aos seus seres queridos, coa mellor información e formación por parte dos seus mellores expertos de Sanitas nestas enfermidades.

Sobre Fundación Sanitas
A Fundación Sanitas está comprometida co Deporte Inclusivo, o recoñecemento aos mozos médicos residentes en España, a saúde e o benestar dos coidadores das persoas con demencia, a cooperación en saúde e a investigación en enfermidades cardiovasculares.

Desde fai dezasete anos, a Fundación Sanitas, en colaboración co Ministerio de Sanidade, o Ministerio de Educación e o Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde, premia ao tres mellores médicos internos residentes que se atopan no seu último ano de residencia nun centro hospitalario como recoñecemento á importancia e achega do sistema MIR á formación médica en España.

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal