Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Grants4Apps

'Grants4Apps', a incubadora de 'startups' de Bayer abre unha nova edición

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/04/15 (10:31)

Tras o éxito de 2014, 'Grants4Apps' (G4A), a incubadora de 'startups' de Bayer, acaba de abrir unha nova edición do 'Accelerator', unha iniciativa dirixida a compañías innovadoras en saúde dixital para axudalas a impulsar e pór en marcha os seus proxectos. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto até o 31 de maio.

En concreto, o programa vai dirixido a 'startups' que estean a desenvolver tecnoloxía ou solucións sanitarias que poidan conectar e empoderar a pacientes e/ou aos profesionais sanitarios: aplicacións móbiles, servizos dixitais, 'wearables', dispositivos médicos, 'software' ou 'hardware'.

De entre todos os proxectos que se presenten, un xurado formado por expertos de Bayer de diferentes áreas elixirá en xuño ás 5 startups gañadoras. Cada unha recibirá un financiamento de 50.000 euros e estarán durante 100 días desenvolvendo o seu proxecto na sede de Bayer en Berlín (Alemaña).

 

Mentor, apoio e asesoramento de Bayer

Ademais de proporcionarlles este espazo de 'coworking', as empresas contarán cun mentor (que será un membro do equipo directivo de Bayer) e co apoio e asesoramento dos diferentes departamentos de Bayer en asuntos regulatorios, contabilidade, investigación de mercados e mercadotecnia, entre outros.

"Non hai límites para a creatividade, por isto estamos abertos a recibir todo tipo de proxectos innovadores en 'eHealth' e 'mHealth'. Sabemos que en España hai moitísimas 'startups' cun gran potencial e con proxectos moi interesantes, polo que as animo a presentar as súas candidaturas. Ademais, por primeira vez, tamén abrimos a convocatoria aos empregados de Bayer que teñan ou coñezan startups que poidan participar. É un enfoque totalmente novo e unha oportunidade única para fomentar aínda máis a cultura da innovación na nosa compañía", aseverou o responsable de Intrapreneurship & Innovation no departamento de IT de Bayer en Berlín e que lidera Grants4Apps' 'Accelerator', Jesús del Valle.

A esta nova convocatoria do 'Grants4Apps' 'Accelerator' poden concorrer 'startups de' todos os países (excepto Estados Unidos), e cada empresa pode presentar, se quere, máis dun proxecto.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal