Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Teclado retroiluminado

Teclado intelixente contra o Parkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/04/15 (08:18)

Investigadores do MIT están a traballar nun método que crearía teclados que poderían detectar se un usuario ten Parkinson, se está a sufrir unha deterioración das neuronas.

Segundo explica un dos membros do equipo que traballa neste proxecto, Ian Butterworth, cada persoa escribe de distinta forma sobre un teclado, os dedos de cada un interactúan de distinta forma. O seu método baséase nesta premisa.

Cando o dedo pulsa unha tecla, o cerebro interpreta que a tecla está pulsada e a continuación envía un sinal ao dedo para que libere a tecla. Cando unha persoa presenta algúns dos síntomas asociados ao Parkinson o tempo durante o que mantén pulsada a tecla variará porque o cerebro non ten a mesma capacidade de resposta. Este é un dos comportamentos que está a investigar o MIT.

O equipo de traballo realizou probas con persoas que estaban cansadas e persoas que descansaran, xa que a fatiga é un tipo de deterioración neuronal. Despois de bombealos con datos a través de algoritmos de recoñecemento de patróns e de aprendizaxe automática, as diferenzas entre os dous comportamentos foron sorprendentes.

Un dos problemas que ten a enfermidade do Parkinson é que, moitas veces, os síntomas non se mostran até anos despois de empezar a deterioración.

Se este teclado chega a facerse realidade poderiamos detectar de forma temperá a enfermidade, e por tanto poderiamos tratalo mellor.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal