Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Girls in Tech

‘Girls in Tech’ potenciará a participación da muller no sector tecnolóxico

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/03/15 (08:23)

A organización sen ánimo de lucro 'Girls in Tech', cuxo obxectivo é potenciar a participación da muller no sector tecnolóxico e fomentar o espírito emprendedor, chegou a España e presentouse este xoves na sede en Madrid de Telefónica (Distrito T).

Esta organización, creada en San Francisco (Estados Unidos) por Adriana Gascoine, converteuse nunha plataforma de referencia para a equiparación laboral da muller en varios puntos do planeta.

O seu obxectivo, segundo a nota de prensa remitida a EFEemprende, é 'cultivar ideas ao redor das carreiras profesionais das mulleres no sector tecnolóxico e científico' , crear 'unha rede de contactos para mentoring' e promocionar 'os roles das mulleres no ámbito das novas tecnoloxías' a través de diferentes encontros e accións.


Presentación con mulleres profesionais de éxito

No acto deste xoves en Telefónica participan mulleres con carreiras de éxito no ámbito tecnolóxico como Pilar Mateo (Inesfly), Pilar Roch (Womenalia), Amalia Cristina Urdiales (Univesidad de Málaga), Elena Gil Lizasoain (Telefónica).

O acto contará coa presentación de tres emprendedoras de Telefónica I+D: Elena Cruz (Technical Product Manager de Telefónica I+D),  Mariña Serrano Montes (Mobile developer en Tokbox en TID) e Molly Sears Piccavey (área M2M de Telefónica I+D).

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal