Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
ProtoCycler

Reciclar plástico con ‘ProtoCycler' é máis fácil e divertido

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/03/15 (08:41)

Pensa na botella de auga que tes na túa oficina. Ou no vaso de café que tomas a media mañá no traballo. O capuchón dos bolígrafos, as bolsas do supermercado e até os xoguetes dos teus fillos compóñense do mesmo material: plástico.

Reciclalo é un pesadelo para a humanidade, pois perdura no ambiente durante centos de anos. E mentres buscamos solucións que nos axuden a degradar de forma ecolóxica e sustentable este material, unha impresora 3D, chamada ProtoCycler, chegou coa solución máis inesperada.

A reciclaxe do plástico podería estar na tecnoloxía máis rompedora dos últimos anos, a impresión 3D. Ou polo menos iso pensan estudantes da University of British Columbia, que deseñaron unha impresora 3D de escritorio que pode empregar desde botellas de plástico a pezas de Lego como materia prima para funcionar.

A innovación introducida agora con ProtoCycler baséase en que amplía o tipo de materiais que pode usar como ingrediente. A vantaxe é fundamental: permítenos traballar con filamentos económicos ao mesmo tempo que logramos reciclar un material altamente contaminante.

Un dos mozos inventores, Dennon Oosterman, sinalou 'que estaban moi preocupados pola cantidade de residuos plásticos que se xeran en calquera proxecto de enxeñaría'. Por este motivo, buscaron unha solución intelixente que lles permitise reciclar este material. E sorprendentemente funciona.

A vantaxe da impresora 3D ProtoCycle é que non só serviría para aplicacións relacionadas coa enxeñaría, como inicialmente pensaron Oosterman e os seus colaboradores. Esta máquina, que pode adquirirse por 700 dólares en Redetec.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal