O cinema achegarase un pouco máis a aqueles que teñen dificultades visuais grazas ao proxecto Cinema accesíble levado a cabo pola fundación Orange e Navarra de Cinema mediante unha primeira experiencia a través do filme Pride (Orgullo), unha comedia británica dirixida por Matthew Warchus que se estreaba o pasado 20 de marzo nas salas de cinema. Cómpre subliñar que a película en cuestión será accesíble a discapacitados visuais en case un total de 70 salas de toda España a través da aplicación AudescMobile da ONCE, formando parte dunha iniciativa na que desta volta se suma ao equipo a distribuidora cinematográfica Golem.
Cinema accesíble xorde grazas á aplicación AudescMobile, que se lanza de balde para que as persoas con discapacidade visual dispoñan duns auriculares persoais dende os cales poderán seguir o filme. A aplicación exponse a xeito de audioguía, a descrición das situacións e as reaccións dos personaxes tentarán axudar a contextualizar e comprender o argumento. Unha contextualización que se combina coa acción dos propios diálogos e sons orixinais do filme escoitado a través do equipo de son da sala.
Para ser máis exactos, foi en xaneiro deste ano cando este acordo de colaboración se poñía en marcha, incluíndose unha audiodescrición dos filmes adaptados por Cinema Accesíbel a: Autómata, As ovellas non perden o tren ou Samba.
Alén disto, informar que a Fundación Orange e Navarra de Cinema seguen a traballar a prol de que as persoas con discapacidades sensoriais poidan acudir ás salas de cinema, e para iso teñen en marcha outra iniciativa con subtítulos específicos (con códigos de cores) para as persoas con discapacidade auditiva.
Rexístrate como: