A Fundación Vodafone España convoca a IX Edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións, creados co obxectivo de servir como incentivo ao desenvolvemento e a innovación de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade.
Con esta nova convocatoria, a Fundación Vodafone busca potenciar o mundo das TIC Sociais e todas as súas funcionalidades, de forma que todo proxecto de innovación neste sector, teña en conta, desde a súa fase inicial, a accesibilidade universal e o deseño para todos, á vez que se incentiva, entre círculos de emprendemento non vinculados a esta faceta das TIC, o desenvolvemento de aplicacións de interese social.
Outorgaranse tres premios, baixo o epígrafe común de 'Premio ao Proxecto de Innovación no ámbito da Investigación e do Desenvolvemento das Telecomunicacións', dotado con 20.000 euros cada un e escultura conmemorativa. Para a elección dos gañadores, un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa basearase nos seguintes criterios de avaliación: carácter innovador da solución dentro da Sociedade da Información, público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, viabilidade da solución e do posible despregamento ao público obxectivo e accesibilidade da solución.
As candidaturas agrúpanse nas seguintes categorías:
1.- Premio ao desenvolvemento de 'Aplicación Mobile for Good', que se outorgará a unha nova aplicación para Smartphone que contribúa á mellora da calidade de vida, a autonomía persoal e a promoción do envellecemento activo. As aplicacións que se presenten deberán estar desenvolvidas en Android e/ou en iOS e alcanzar xa a fase beta.
2.- Premio ao proxecto 'M2M Mobile For Good', enfocado a iniciativas que utilicen ou deseñen dispositivos conectados, que axuden a mellorar a calidade de vida, a accesibilidade e a autonomía das persoas en calquera dos seguintes ámbitos: vida na cidade, saúde e turismo. As propostas deben contar con dispositivos que se atopen como mínimo en fase de maqueta funcional.
3.- Premio ao proxecto de 'Solución TIC Mobile For Good', que se entregará a un proxecto que utilice as TIC como solución. Os proxectos que se presenten deben terminar a súa fase de definición e estar listos para comezar a fase de execución, ou comezala xa na data de entrega. Quedan excluídas desta categoría os proxectos que se presenten a calquera das outras dúas.
Poderán presentarse persoas físicas ou xurídicas, de forma individual ou con traballos en equipo. Os proxectos deben ser exclusivamente de ámbito nacional. O prazo de admisión finaliza o próximo 30 de abril de 2015, e o fallo do Xurado notificarase aos participantes das diferentes categorías antes do 30 de xuño de 2015. As bases completas dos premios e os requisitos para presentar as candidaturas están dispoñibles nesta web.
Rexístrate como: