Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Impresora 3D

Comunicarse co ordenador a través dos ollos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/03/15 (12:20)

Organizado pola Fundación Tecnoloxía Social presidida por Enrique Varela, na súa cuarta edición ERST volveu con interesantes mesas de debate e innovacións para facer máis fácil a vida ás persoas a través da tecnoloxía, segundo os seus impulsores.

Así, a primeira xornada do encontro contou coa presidenta e fundadora de Spain Startup, María Benjumea, que busca deseñar un camiño no emprendimiento empresarial social en apoio á persoa; así como Víctor Álvarez Santos, socio de SITUM, que presentou unha nova tecnoloxía que permite xeolocalizar e guiar ás persoas con smartphones dentro de edificios públicos como grandes almacéns, aeroportos ou estacións de tren. A primeira en implementala será a estación de Chamartín en Madrid.

No congreso, tamén se falou da aplicación para smartphones WhatsCine, unha app gratuíta para que as persoas cegas, xordas, ou simplemente aquelas que teñan dificultades para a lectura de subtítulos, poden ir ao cinema sen dificultade.

Por outra banda, Eduardo Jáuregui, socio de Irisbond Prima presentou un sistema baseado no principio da videoculografía (Eye Tracking), que permite controlar de forma precisa un computador a través do movemento dos ollos, moi útil para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida como os afectados por ELA (Esclerose lateral amiotrófica).

Ademais, os asistentes puideron ver o último en impresión 3D. Witbox de BQ permite fabricar obxectos con finalidades sociais para que os nenos invidentes poidan descubrir como é un atómo en realidade ou coñecer a forma dun elefante e tamén para que a xente con mobilidade reducida poida acceder a distintas axudas como un abridor de botellas.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal