Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tres usuarios co dispositivo sobre as súas linguas

Un revolucionario dispositivo permíteche 'ouvir' pola lingua

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/03/15 (12:08)

Un grupo de investigadores da Universidade Estatal de Colorado (Estados Unidos) desenvolveu un dispositivo que se pon na lingua e permite "ouvir" o son.

O dispositivo contén uns 20 eléctrodos e o que fai é traducir o son en pulsos e sinais eléctricos para que a persoa que o leve posto poida "lelo" na súa lingua, de forma similar a como funciona o sistema Braille.

"A idea é que este dispositivo sexa moito máis alcanzable e menos invasivo que un dispositivo implantado", explicou un dos estudantes participantes no proxecto, JJ Moritz. Os implantes cocleares poden chegar a custar até 100.000 dólares e, ademais, requiren de cirurxía.

Polo momento, este dispositivo continua en fase de desenvolvemento, pois os seus creadores aínda teñen que terminar de mapear a lingua, co fin de comprender como le cada persoa os sinais eléctricos.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal