Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Gañadores do Premio Europeo de Emprendemento Social e Discapacidade

Premio Europeo de Emprendemento Social e Discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/03/15 (08:13)

A emprendedora social búlgara con residencia en Austria, Kristina Tsvetanova, co seu proxecto 'BLITAB, First Tablet for Blind and Visually Impaired People', resultou gañadora da segunda edición do 'Premio Europeo de Emprendemento social e Discapacidade.

Así, sinalaron que o premio busca recoñecer publicamente proxectos de emprendemento social cuxo obxectivo sexa o ámbito da discapacidade, así como proxectos impulsados por emprendedores con discapacidade cunha iniciativa innovadora.

En concreto, o proxecto 'BLITAB, First Tablet for Blind and Visually Impaired People' consiste nun dispositivo tablet que utiliza unha tecnoloxía innovadora para a lectura e escritura mediante o sistema Braille. Segundo os seus organizadores, o obxectivo deste dispositivo é favorecer a inclusión social e laboral das persoas cegas ou con discapacidade visual.

Doutra banda, o xurado distinguiu a Lorenzo Pompei, cunha mención especial polo seu proxecto Marioway, de Italia. Este proxecto consiste nunha cadeira de rodas que incorpora avances tecnolóxicos, ergonómicos e de deseño respecto das cadeiras de rodas tradicionais, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas parapléxicas.

Ademais, os organizadores do Premio Europeo de Emprendemento Social e Discapacidade destacan que, na súa segunda edición, contou de novo coa colaboración da Comisión Europea, L'Oréal (FR), Telefónica (ES) e o Ministero do Lavoro e delle Politiche Sociali (IT), así como Fundación Triodos (ES), Kanchi (IRL), Essl Foundation (AUS), e dúas novas organizacións que se incorporaron nesta segunda edición que son o European Disability Forum e o EIDD- Design for All Europe (IRL).

Por último, sinalaron que o proxecto gañador recibirá un recoñecemento económico de 11.000 euros brutos, importe cofinanciado por Fundación ONCE, L'Oréal, Fundación Triodos e EiDD - Design for All, ademais dun recoñecemento nunha cerimonia pública que terá lugar ao longo de 2015.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal