Máis que un enfermeiro poderiamos dicir que Robear é un asistente para persoas maiores ou con problemas de mobilidade, con moita forza para poder cargar con persoas en diferentes circunstancias, mantendo a delicadeza necesaria nas operacións.
De novo témonos que ir até Xapón, terra de robots, para coñecer ao robot-oso protagonista da nosa noticia. O país asiático é coñecido pola lonxevidade dos seus habitantes, e por tanto da necesidade de asistencia, sexa humana ou robótica.
A máquina é a terceira evolución que realiza o Instituto Riken. O primeiro modelo apareceu en 2009, coñecido como RIBA. A segunda evolución - RIBA-II - chegou en 2011. A especialidade da casa é a de cargar a persoas desde ou cara a unha cama, cun pouco de asistencia humana.
As melloras en cada un deles pasan por un mellor control das súas forzas e operacións, pero tamén por un adelgazamento na súa estrutura. O último modelo pesa 140 quilogramos, unha cifra que parece alta, pero que é moito menos que os 230 quilos aos que chegaba RIBA-II.
Si, o de oso non é só polo seu tamaño, xa vedes que tentan que o robot pareza simpático caracterizado coa 'cara' do animal.
Rexístrate como: