Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Androide "Pepper"

Crean en Xapón un innovador software para robots destinado a axudar a pacientes con demencia

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/02/15 (08:03)

A aplicación foi a gañadora no primeiro concurso para desenvolvedores organizado pola empresa xaponesa de telefonía SoftBank, poucos días de comezar a vender entre desenvolvedores tecnolóxicos a 'Pepper', o primeiro androide capaz de recoñecer e interpretar a voz, xestos e linguaxe corporal do ser humano.

O Project Team Dementia resultou gañador entre os máis de 100 aspirantes que participaron no concurso celebrado o domingo en Tokio. Co software, 'Pepper' pode manter conversacións sinxelas con pacientes de demencia, instalos a que realicen accións como levantarse ou tomarse os seus medicamentos, e mesmo informar ao doutor de cantas pastillas tomaron a través da súa conexión a internet. O robot tamén pode avisar ao paciente cando reciba un correo electrónico e facerlle preguntas como cantos anos teñen os seus netos para comprobar se lembran correctamente datos sobre a súa familia. O equipo gañador foi premiado pola súa proposta cun millón de iens, uns 7.400 euros

A compañía xaponesa Softbank, que atrasou até o verán a saída ao mercado de 'Pepper' polo exceso de demanda dos desenvolvedores tecnolóxicos, comercializará 300 unidades do seu popular androide a partir do venres entre os desenvolvedores a un prezo de 198.000 iens, uns 1.500 euros.

A este prezo engadiráselle unha tarifa mensual que oscilará ao redor dos 24.600 iens (uns 180 euros ou 200 dólares) para un contrato de tres anos. Estes gastos mensuais inclúen unha tarifa básica de 14.800 iens, uns 110 euros, que ofrecerá servizos na nube utilizando a rede móbil do xigante da telefonía nipón. Ademais dun seguro por 9.800 iens, uns 72 euros, ao mes que ofrecerá servizo de mantemento e descontos en reparacións.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal