Aínda que os 'xoguetes que falan' dende hai máis de tres décadas, aínda non saíra ao mercado ningún que pretendese realmente falar cos seus propietarios e aprender deles. Pero ese obxectivo podería estar agora máis preto, grazas á campaña de crowdfunding iniciada en Kickstarter pola startup Elemental Path para financiar a produción de Cognitoy, un dinosauro verde cun gran botón azul na tripa e capacidade para conectarse cunha base de datos online cando os nenos lle fan unha pregunta e así poder achegarlles a resposta máis adecuada á súa idade. A súa capacidade para comprender e elaborar oracións en linguaxe natural débese ao uso da tecnoloxía de intelixencia artificial Watson, elaborada por IBM e que xa acaparou titulares cando derrotou en 2011 a Ken Jennings e Brad Rutter en 'Jeopardy!'.
Cognitoy serve para que o neno se entreteña con temas educativos relacionados con vocabulario, ortografía, matemáticas e xeografía. O que o xoguete aprende desas conversacións únese á información achegada polos pais durante a configuración inicial, e incorpórase aos xogos. Ademais, ten clasificados diversos temas polémicos (relixión e 'De onde veñen os bebés?' entre eles) como 'preguntas Pregunta-á-túa-Nai?.
O fundador de Elemental Path, JP Benini, expresou que resulta un desafío convencer a moitos pais e cadeas de comerciantes minoristas de que Cognitoy resulta divertido e non constitúe un aparello sinistro: 'Non queremos que aos pais lles lembre demasiado a Skynet e pensen que coñece mellor que eles ao seu fillo'. Sinala, ademais, que a privacidade foi unha prioridade desde os primeiros pasos do seu deseño. Así, aínda que o xoguete coñeza o nome do seu novo usuario, para o servizo online que lle prové de respostas este só será un número de identificación de usuario, por non mencionar que todas as consultas se realizan mediante comunicacións encriptadas. Só os pais, a través dunha conta online, poden acceder a datos sobre a clase de preguntas que fai o seu fillo e sobre o seu rendemento nos xogos educativos.
Por agora, Cognitoy conseguiu recadar en só dous días case o dobre de diñeiro que se marcou como obxectivo: 92.000 dólares fronte a 50.000... e prometen sacar versións en azul e rosa do xoguete cando cheguen a 100.000.
Rexístrate como: