Hai uns anos que o proxecto One Laptop Per Child tratou de facilitar o acceso a portátiles por parte de nenos en países en vías de desenvolvemento. Aquel esforzo tivo outros efectos colaterais -como o nacemento do segmento dos netbooks- e ao longo destes anos evolucionará en diversos apartados.
Con todo, o lanzamento de novos equipos foise abandoando nos últimos tempos, algo que desde o socio australiano da fundación OLPC -chamado One Education- queren resolver. A súa idea: un singular concepto de portátil modular chamado XO-Infinity.
Este dispositivo tería como obxectivo ofrecer aos nenos un portátil que poderían usar ao longo dos seus anos no colexio e que poderían ir adaptando ás súas necesidades a través dos módulos propostos. Entre eses módulos estarían pantallas táctiles, teclados, chips ARM ou x86, e unidades de almacenamento con sistemas operativos como Android, Linux, ou Windows.
Iso faría que estes equipos fosen válidos durante moito máis tempo: os máis pequenos poderían comezar cun tablet ARM con Android, e máis adiante poderían engadir un teclado, un novo procesador e sistema operativo e acabar traballando con Linux ou Windows en tarefas máis avanzadas. Segundo One Education, XO-Infinity está deseñado para que até nenos de 4 anos poidan ensamblar os seus compoñentes.
Os responsables deste produto queren terminar un modelo funcional este verán, momento no cal lanzarán unha campaña de financiamento colectivo coa que tentar pór en marcha a fabricación masiva destes dispositivos, que poderían chegar a principios de 2016 ao mercado.
Rexístrate como: