Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
TalkItt

TalkItt, a app que da voz a persoas con dificultades na fala

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/02/15 (10:15)

TalkItt é unha aplicación que converte unha pronuncia inintelixible noutra máis comprensible. Trátase dunha ferramenta deseñada para axudar a persoas con algún trastorno da linguaxe a comunicarse e mellorar a súa calidade de vida. A aplicación, desenvolvida pola novel empresa israelí VoiceItt, poderá utilizarse en calquera smartphone, tableta ou computador e estará dispoñible en varios idiomas, incluído o castelán. Será compatible con terminais que operen con Android e iOS.

Falamos de problemas parciais na fala, persoas que normalmente son recoñecidas polo seu ámbito máis próximo, ao estar afeitos á súa forma de falar, pero que se atopan graves problemas de comunicación ao saír máis aló.

A proposta de Talkitt é a dun software capaz de recoñecer as palabras e sons que emite o seu usuario e compartilos cos demais. Interpretar a forma de falar de persoas con discapacidade, e transmitila a través do dispositivo que o estea executando. Especialmente no caso de dispositivos móbiles, como unha tablet ou un teléfono, xa que sempre será máis fácil de levar encima. Tamén pode funcionar en computadores ou weareables.

Tradución simultánea
Outro dos propósitos da compañía é que funcione con calquera idioma, grazas ao seu sistema de recoñecemento baseado na aprendizaxe de cada usuario. Interesante saber que o seguinte paso estará na tradución, podendo lanzar a mensaxe directamente no idioma que sexa necesario nese momento.

O software está actualmente sendo probado por diferentes socios, como hospitais ou universidades en Israel e Europa. Os usuarios son pacientes con danos ou parálise cerebral, autismo, ou Parkinson. Talkitt é un deses proxectos que andan buscando financiamento na rede. VoiceItt quere vendelo cun modelo de subscrición mensual, de 20 dólares. Esta ferramenta está aínda en fase piloto e será oficialmente lanzada durante o 2015. Para máis información, visite a web de VoiceItt!

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal