Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Usuario usando InMoBS

InMoBS, o proxecto de Siemens que axuda aos discapacitados visuais a moverse pola cidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/02/15 (12:39)

Os novos avances tecnolóxicos xorden case sempre coa intención de facernos a vida máis fácil, de satisfacer algunha necesidade e de axudarnos nas nosas tarefas cotiás. Esta é precisamente a razón de ser de InMoBS, un novo proxecto de Siemens para as cidades intelixentes do futuro e que permitirá aos discapacitados visuais moverse con maior seguridade.
Funciona grazas a unha aplicación no móbil que vai guiando ao usuario nos seus desprazamentos a pé grazas á interpretación dos datos de posición e estado transmitidos polos elementos urbanos e de control de tráfico que teremos nas cidades do futuro.

As primeiras probas realizáronse en Brunswick (Alemaña), onde Siemens está a probar a súa plataforma de mobilidade intelixente (AIM), e conta con dous tipos de información: a procedente dos vehículos conectados (car2car) e a que vén directamente dos sinais de tráfico (car2x).


Guiando ao usuario con vibracións e sons

O proceso de utilización comeza na casa, onde o usuario pode planificar a ruta a seguir grazas ao GPS e aos mapas dixitais que lle mostran información sobre o tráfico. Posteriormente, co móbil no peto sae á rúa e vai percorrendo a súa ruta.

Cando atopa unha intersección, paso de peóns, semáforo, etc., a aplicación emite sinais por vibración ou por son que guía aos usuarios ao longo do camiño e avísalles de calquera obstáculo que poidan atopar.
Para asegurarse de que se pode cruzar unha rúa con seguridade, a aplicación só emitiría un sinal no momento no que se poida comezar a andar. É dicir, cando xa non veñan vehículos e non só cando cambie o semáforo de estado, como sucede cos modelos actuais.

InMoBS necesitará que o terminal estea permanentemente conectado ás redes móbiles, desde as que recibirá a información dos sinais e vehículos conectados. Cando veremos esta tecnoloxía nas nosas cidades? Pois aínda falta bastante, xa que o principal inconveniente é o desenvolvemento e a implantación dos sistemas de sinalización intelixentes en rúas e vehículos, algo que nalgúns países coma os Estados Unidos están a prantexar como obrigatorio.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka Móvil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal