Fundación ONCE estreou este martes a súa nova ferramenta de comunicación online, un Blog co que pretende fomentar a participación cidadá, o debate e a reflexión ao redor da inclusión de persoas con discapacidade.
Trátase dunha iniciativa que contará coa participación de profesionais e investigadores, expertos e cidadáns. En definitiva, persoas con nomes e apelidos que conviven coa discapacidade, velan polos dereitos do colectivo ou traballan día a día en favor dun mundo de igualdade e respecto para todas as persoas.
Con este blog, Fundación ONCE abre unha nova canle no que a participación cidadá é unha peza crave para seguir construíndo un discurso cada vez máis certeiro e unha folla de ruta máis clara para conseguir o seu principal obxectivo: a inclusión social das persoas con discapacidade a través da formación e o emprego, así como a difusión do concepto de accesibilidade universal.
Compromiso coa discapacidade, credibilidade nos contidos publicados e proximidade para todas as persoas que queiran contribuír, serán "as 3 C" que guiarán o estilo e contidos deste blog, no que se abordarán os temas de actualidade que preocupan ao colectivo, os avances en inclusión e os retos de face ao futuro.
Un proxecto que, como sinala o propio Post de presentación do Blog, Fundación ONCE inicia "coa mesma enerxía de sempre e co motor que nos impulsa desde hai máis de 25 anos: a ilusión e o talento das persoas".
Máis información na Web Oficial do Blog de fundación ONCE.
Rexístrate como: