Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mans artificiais con pel sintética de Google

Google traballa nunha pel humana sintética para loitar contra el cancro

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/02/15 (08:35)

A saúde e a mellora da calidade de vida son cuestións que ultimamente están a inspirar algunhas liñas de investigación de Google. O ano pasado a compañía anunciou que estaba a traballar nunhas lentes de contacto intelixentes para diabéticos e nunha especie de nanopartículas capaces de detectar cancro ou outras enfermidades infiltrándose no rego sanguineo do paciente. Precisamente esta segunda invención propiciou outro sorprendente desenvolvemento.

Para poder seguir adiante con este novo método de detección, a tecnolóxica empezou a traballar nunha especie de pel sintética que axudará aos encargados do proxecto a perfeccionar o seu funcionamento. De momento, Google non especificou se esta pel humana sintética terá outros usos máis aló das probas das nanopartículas, por exemplo servir no futuro para realizar enxertos, pero si explicou que ten os "mesmos compoñentes que a pel de calquera persoa".

Cando Google deu a coñecer o seu novo proxecto en outubro de 2014 non ensinou como funcionarían exactamente as súas nanopartículas. No vídeo os empregados da compañía explican que estas se situarán nas veas máis superficiais do pulso e usarán sinais lumínicas para comunicarlle a unha pulseira intelixente o que atoparon no corpo do paciente.

Esas sinais lumínicas variarán en función da pel de cada paciente, polo que en Google están a probalas con distintos tons e densidades desta pel sintética colocada en brazos falsos.

Tamén Andrew Conrad, encargado do departamento de ciencias da saúde de Google, fai acto de presenza no vídeo para responder a aqueles que opinan que ter nanopartículas circulando libremente polo noso corpo é algo estraño e antinatural. "É máis estraño e antinatural ter células canceríxenas no teu corpo que están a tentar matarte constantemente", rebate Conrad.

Tema: Xeral
Fonte: Portal TIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal