A Facultade de Informática da Universidade da Coruña celebrou os días 28 y 29 de xaneiro a Semana de Anita Borg TIC e Liderado para todos... contado por ELAS, unhas xornadas dedicadas á posta en valor do traballo de mulleres en postos directivos de empresas tecnolóxicas de relevancia. O evento conmemora o nacemento de Anita Borg, científica informática estadounidense que conseguiu, entre outros logros, a fundación do Instituto da Muller e a Tecnoloxía. O CITIC non faltou á cita, e nela participaron algún dos seus investigadores.
O programa da Semana de Anita Borg en Galicia persegue facer visible o éxito obtido por moitas mulleres no campo das novas tecnoloxías, polo que contou coa presencia de Carme Miró, CEO de Apple Tree Communications (quen foi entrevistada por Bertha Guijarro Berdiñas, vice-coordinadora responsable científica do CITIC), Cristina Gamallo, socia fundadora de Situm, empresa de enxeñería informática e doutora en TIC, Mariel Martínez, do Google Developers Group de Vigo o Verónica Ramallal, fundadora de Pekecha, empresa de imaxe online e social media, entre outras.
A nivel mundial, diversos países organizaron diferentes microeventos para celebrar a semana. A Facultade de Informática da Universidade da Coruña quixo organizar tamén un concurso dirixido a estudantes de secundaria, chamado Wikinformática, animándolles a elaborar biografías en galego en formato Wiki de mulleres destacadas no campo das Tecnoloxías da Información.
Rexístrate como: