Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Smartphone con teleasistencia de Cruz Vermella

Cruz Vermella e Vodafone lanzan un servizo de teleasistencia

  • A principal novidade é a posibilidade de compatibilizar o uso da liña móbil particular dun Smartphone coa Teleasistencia Móbil de Cruz Vermella, de forma integrada, a través da rede de Vodafone
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/01/15 (08:54)

Cruz Vermella e Vodafone España anuncian o lanzamento de "Teleasistencia Móbil de Cruz Vermella con Smartphone de Vodafone". Trátase dun servizo que Cruz Vermella leva prestando desde hai 25 anos, e que a partir de agora poderase integrar nas liñas particulares dos clientes de Vodafone, a través dun teléfono Smartphone.

A Teleasistencia Móbil de Cruz Vermella está dirixida a persoas maiores, con algunha discapacidade, enfermidade crónica, que realicen saídas soas fóra do domicilio e precisen dun acompañamento (a través dun terminal móbil) en previsión de situación de risco. E permite a través dunha liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informática específico, que as persoas que reciban este servizo poidan pedir axuda en situación de emerxencia sanitaria ou social, durante 24 horas ao día e en calquera lugar, co único xesto de apertar un botón.

Ámbalas entidades únense de novo para ofrecer un servizo de protección e axuda ás persoas, baseado nunha solución tecnolóxica innovadora, que lles confire máis autonomía e dá seguridade e tranquilidade tanto ás persoas usuarias como aos seus familiares, grazas á localización exacta vía GPS e a través da rede de Vodafone.

"Teleasistencia Móbil de Cruz Vermella con Smartphone de Vodafone" é xestionada por Cruz Vermella, que conta cunha ampla experiencia e é un referente de calidade e marca neste sector. Pola súa banda, Vodafone é o primeiro operador que facilita este servizo no mercado español.

Como funciona?
Para poder dispor do servizo de Teleasistencia móbil necesítase: unha liña de contrato Vodafone, un Smartphone Vodafone e a instalación da aplicación de Teleasistencia. Esta instalación será realizada persoalmente por Cruz Vermella no Smartphone do usuario.

O usuario, en caso de necesidade, pulsará de forma mantida a cruz vermella que aparece na pantalla do móbil xerándose unha chamada gratuíta a Cruz Vermella. Mediante esta chamada Cruz Vermella verá a localización exacta do usuario (grazas á tecnoloxía  GPS e á rede de Vodafone) e a súa ficha: nome, apelidos, idade, domicilio, enfermidades se as houbese, etc, procedendo así de maneira inmediata á atención de usuario e despregando os medios necesarios segundo a súa necesidade.

Este servizo está dispoñible para todos os Smartphones con Android versión 4.2 ou superior do portfolio de Vodafone.

Oferta de lanzamento
"Teleasistencia Móbil de Cruz Vermella con Smartphone de Vodafone" está dispoñible tanto para novos Clientes como para todos os Clientes de contrato con tarifas de datos Vodafone e ten un custo de 22 €/mes que será facturado por Cruz Vermella. Vodafone pola súa banda facturará o custo asociado á tarifa que o Cliente teña contratada.

As chamadas e SMS que se emitan a Cruz Vermella en caso de atención, serán gratuítos.

As novas altas en Vodafone, portabilidades (cambio de operador mantendo o número de móbil) ou migracións (cambios de prepago a contrato) con Teleasistencia Móbil contan cunha promoción do 25% de desconto sobre a cota da tarifa elixida durante os ueve primeiros meses. Por exemplo, coa tarifa Smart M que inclúe 1,1GB e 200 minutos pagaríanse 16,5 euros/mes e despois 22 euros/mes I.V.E. incluído.

Ademais ante calquera dúbida, os clientes pódense informar no 123, a través da web de Vodafone ou de Cruz Vermella ou nas tendas Vodafone. O número de atención telefónica de Cruz Vermella é o 902 22 22 92.

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal