Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Invidente con can guía

Un GPS para que os invidentes poidan moverse de maneira autónoma

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/01/15 (08:36)

Este sistema é o froito dun proxecto europeo liderado por Vicomtech-IK4 denominado ARGUS, no que tamén participou un conxunto de empresas e centros europeos de Alemaña, Austria, Reino Unido e España.

Trátase dun innovador sistema que utiliza sons 3D e xeolocalización e que permite á persoa que o está utilizando desprazarse, xa que lle axuda a recrear mentalmente o camiño que debe realizar con precisión. A través duns breves e sinxelos sons 3D como chasquidos de dedos, campaíñas, notas musicais e similares que se van repetindo periodicamente ao longo de todo o camiño, o GPS vai guiando ao usuario a chegar ao seu destino.

Os sons poden ser xerados desde calquera dispositivo móbil, por exemplo un smartphone portado polo propio usuario e permiten á persoa invidente coñecer en todo momento a dirección que debe seguir para chegar ao seu destino.

O usuario utiliza uns auriculares de última xeración que en ningún caso o illan da contorna senón que lle permiten seguir escoitando os sons ambientais, o que é fundamental para persoas invidentes. Ademais, o smartphone reproduce os sons de tal forma que dá a sensación de que proveñen dun punto concreto do espazo, por iso precisamente se denominan sons 3D.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal