Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logos centac e Fundación ONCE

A Fundación CENTAC e Fundación ONCE colaboran na promoción da accesibilidade universal no ámbito tecnolóxico

  • Grazas á firma dun convenio subscrito por ambas as entidades cuxo fin é desenvolver accións conxuntas encamiñadas a mellorar a accesibilidade universal.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/01/15 (08:47)

A Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) e Fundación ONCE renovaron a súa colaboración coa firma dun convenio cuxo fin é desenvolver accións conxuntas encamiñadas a mellorar a accesibilidade universal en contornas, produtos e servizos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.

O acordo foi subscrito polo director xeral de CENTAC, Juan Luís Quincoces, e o director xeral de Fundación ONCE, José Luís Martínez Donoso.

O obxectivo principal do convenio é impulsar e promover as tecnoloxías de accesibilidade, tanto no ámbito nacional como internacional; promover e difundir lexislación universal e accesible no ámbito tecnolóxico, así como favorecer a inclusión na Sociedade da Información, as Redes Sociais e as Cidades Intelixentes.

Ademais, o documento recolle a necesidade de establecer puntos de encontro entre as institucións españolas públicas e privadas, a industria, os operadores de servizos, os usuarios e os representantes do movemento asociativo de persoas con discapacidade.

Entre as actuacións recollidas no convenio, destacan as encamiñadas á mellora do actual marco no que se refira ao ámbito tecnolóxico e a accesibilidade universal, desde propostas legais e normativas, criterios nas licitacións e compras tecnolóxicas, implementación, información e análise das tecnoloxías emerxentes.

Así mesmo, o acordo implica a realización de proxectos que melloren o acceso aos recursos tecnolóxicos accesibles, en especial aqueles que permitan facer internet e as cidades intelixentes máis accesibles, máis inclusivas e máis universais, para evitar os elementos de discriminación que impiden ás persoas con discapacidade o acceso á información, interacción, oportunidades de emprego e lecer no pleno exercicio dos seus dereitos.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal