Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Jinso

JINSO, un xogo para deseñar proxectos de innovación social

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/01/15 (07:39)

JINSO, siglas de Xogo de Innovación Social Dixital, é unha metodoloxía para o prototipado de proxectos de innovación social trasladada a un xogo de mesa. O xogo consiste nun taboleiro e unha serie de fichas a partir das cales, os participantes van elaborando un proxecto a pequena escala que dea resposta a un problema social da comunidade.

O proceso comeza identificando unha necesidade ou problemática local, así como as habilidades ou poderes de cada xogador, que se converte en heroe dentro do xogo. O equipo pon tamén en valor os "diamantes en bruto" da comunidade e as tecnoloxías dixitais que poden ser útiles para solucionar o problema.  A partir de aí, compártense ideas e selecciónanse as mellores, para concretalas nun prototipo de produto ou servizo.

JINSO foi creado por Th1nk, unha consultora de innovación colombiana, e a editorial brasileira Editacuja, coa intención de ofrecer unha ferramenta para facilitar a ideación e posta en marcha de proxectos de innovación social. Desde a súa creación, o xogo utilizouse en encontros como a última Maker Faire de Bogotá, ou en colectivos e organizacións, como o espazo maker de Río de Janeiro e a cooperativa de mulleres máis antiga de Colombia, o Grupo Artesanal Chaleche. JINSO está en código aberto e dispoñible para a súa descarga en GitHub.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal