Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Banco de Boas Práticas

Galicia conta cun banco de boas prácticas na prevención da dependencia

  • Pretende proporcionar ás persoas expertas na materia unha ferramenta viva capaz de achegar valor engadido para mellorar o deseño, implantación e avaliación de futuras actuacións de exemplos
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/01/15 (10:32)

Galicia conta cun banco de boas prácticas que constitúe un catálogo on-line que identifica e difunde experiencias innovadoras en materia de prevención da dependencia e do envellecemento activo.

Este banco on-line é unha iniciativa que se enmarca dentro do "Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica, Visión sector 2020", cofinanciado polo proxecto europeo "Envellecemento +Activo", ao amparo do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

A iniciativa pretende proporcionar ás persoas expertas en materia de prevención e detección da dependencia, así como aos técnicos do resto de entidades públicas e privadas, unha ferramenta viva capaz de achegar valor engadido na xestión do coñecemento para mellorar o deseño, implantación e avaliación de futuras actuacións para a prevención da dependencia e o envellecemento activo en forma de exemplos de boas prácticas na materia.

Unha boa práctica é calquera actuación ou experiencia implantada e/ou promovida por unha administración, institución ou entidade, baseada nun proxecto e unha planificación previos, que responde de maneira innovadora e satisfactoria a unha problemática do contexto, ben sexa por razón dunha nova materia de actuación ou por unha metodoloxía de excelencia.

Os criterios de avaliación permiten levar a cabo unha valoración obxectiva da experiencia que posibilita cualificar unha experiencia como boa práctica. Considérase que unha boa práctica é aquela que se adecúa aos seguintes criterios: recoñecemento, implicación da cidadanía, sistema de avaliación, responsabilidades, liderado, planificación, impacto positivo, factibilidade, transferibilidade e innovación.

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal