Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Ordenador e móbil

UBIC, nova app para atopar espazos adaptados a persoas con discapacidade física en Xixón

  • Lanzaráse o próximo día 7 de xaneiro de 2015 e estará dispoñible en Google Play.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/01/15 (10:26)

UBIC é unha nova aplicación para móbiles con servizo de xeolocalización de espazos adaptados a discapacitados físicos en Xixón. Entre eses espazos pódense atopar desde prazas de aparcadoiro públicas adaptadas a hoteis con habitacións adaptadas, restaurantes accesibles, etc.

O obxectivo é facilitar a vida ás persoas con discapacidade física. Moitas veces atopan dificultades para facer algo tan cotián como saír a cear ou atopar un hotel cunha habitación adaptada.

"Sabemos que estes problemas existen, e o noso obxectivo é que, teñan o seu guía de viaxe particular. Que visitar Xixón sexa accesible e gocen da nosa cidade, no seu máximo esplendor", afirman os responsables da aplicación.

UBIC estará dispoñible a partir do 7 de xaneiro de 2015 en Google Play.

Pódese acceder a máis información sobre a aplicación nesta páxina web App UBIC, espazos adaptados en Xixón.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal