Quen sendo pai ou nai non tivo ao peque da casa con algunha infección ou problema relacionada cos oídos, ante todo a sorte acompañouno. A mesma impresión déixanos o dato que dá o departamento de saúde de EEUU: un 80% dos menores de 3 anos algunha vez sufrirá unha infección no oído.
CellScope Otto é un novo accesorio que, axustado ao smartphone, converte a este nun otoscopio. Coa axuda da cámara do teléfono e o sistema de lentes e fibra óptica incluídos no CellScope, o resultado é similar ao dun instrumento médico actual.
Os primeiros dispositivos que saian da fábrica de Cellscope, dirixida por un doutor profesor de pediatría e enxeñaría biomédica na Universidade de Emory (Atlanta), irán destinados a hospitais e clínicas, pero nunha segunda fase, o obxectivo é que poida ser un produto que adquiran os pais e nais para evitar a saturación de urxencias ou aumentar os custos médicos.
De feito, en California xa se pode reservar o modelo Home, que sae por 79 dólares. Un pouco menos, 49 dólares, custará a consulta virtual o médico, aínda que a primeira é gratuíta como parte do pack de compra inicial.
Co vídeo e fotos que CellScope é capaz de tomar, un pediatra podería consultalas a distancia, valorar a infección e, en caso necesario, recetar unha solución.
Rexístrate como: