Entre os días 11 e 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas, comezando polos os escolares de Educación Infantil de Guitiriz, Celanova, Xunqueira de Ambía, Beariz e Boborás. Este intercambio de mensaxes comezará mañá xoves 11 de decembro a partir das 10 da mañá, a razón de media hora en cada aula.
Nos seguintes días, ata o 19 de decembro, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Marín, Abegondo, A Estrada, A Fonsagrada, Verín, Quiroga, Santa Comba, Muros, Valga, Betanzos, Barreiros, Vimianzo, O Vicedo, Oroso, Ortigueira, As Pontes, Ferrol, Fisterra, A Cañiza, Carballedo, Ames, Cuntis e Castro Caldelas.
Os cativos de Celanova, A Estrada, Pontedeume e Vilagarcía xa puideron falar con Papá Noel esta mañáAmais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos.
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 7º aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
Rexístrate como: