A asociación sen ánimo de lucro Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) organiza para este mércores 10 de decembro ás 18.30 horas na sala de actos do Centro Social de Afundación (rúa Nova, 33) de Santiago, a 1ª Edición de Conversas, adicado nesta ocasión ás alternativas de vivenda e vida, que se están consolidando na actualidade entre as persoas maiores.
Este encontro, que se retransmitirá vía streaming (emisión en directo, en formato televisivo, a través dun canal de Internet) está organizado por Ategal, xestionado por ASC Media, realizado por Streaming Galicia e patrocinado pola Xunta de Galicia en colaboración con Afundación.
Unha iniciativa que vai a reunir a varias persoas maiores que, moderadas por un profesional dla comunicación, contan de forma amena e cercana, a súa experiencia como protagonistas dalgunha destas novas fórmulas de vivenda e vida. O encontro transmítese por televisión, en Internet, en directo e de forma gratuita e accesible a todo omundo, a través da web do gabinete de comunicación de Ategal (ASC Media): www.ascmedia.es
Para visionar o streaming solo é necesario entón, acceder a dita web (estará dispoñible en Google a partir do mércores) e “clicar” sobre a ligazón correspondente a partir das 18.30 horas do mércores 10 de decembro.
Os convidados para esta primeira ocasión son Manuela Barbeito del Río, usuaria en Santiago de Compostela do programa Telexerontoloxía da Universidade de A Coruña; Josefina Senín Garabal, usuaria en Santiago do programa MiAvizor da Universidade de Santiago; Jaime Moreno Monjas, da Cooperativa Trabensol, Centro Social de Convivencia para Maiores, de Madrid e Marina Alonso González, usuaria das Vivendas Comunitarias para maiores O Lecer de Vigo. O xornalista Victor Sariego será o moderador.
Conversas pretende ser un foro próximo, afable, centrado nas vivencias e experiencias individuais e colectivas que, compartidas con outras persoas que están a protagonizar modos de vida similares, poidan ser coñecidas pola opinión pública para o beneficio de toda a sociedade en xeral.
De feito Ategal, entidade sen ánimo de lucro, quere que Conversas sirva, non só como valioso documento para a súa utilización en estudos, programas ou tendencias de investigación para a mellora da calidade de vida das persoas maiores, senón tamén para o beneficio de toda a sociedade en xeral e a potenciación, promoción e consolidación do envellecemento activo, a vivenda e as pensións dignas na vellez.
Conversas está organizado por Ategal nun grande esforzo por dar protagonismo, precisamente, ás persoas maiores cuxas novas necesidades vitais están organizadas en gran parte por elas mesmas e co obxectivo de que os seus testemuños poidan ser tidos en conta para futuras políticas de vivenda ou mesmo de vida, tanto persoais coma públicas e privadas.
Por outra parte, o visionado deste streaming supón un acto solidario e benéfico (sen ningún gasto nin contraprestación a cambio) a favor de Ategal e do seu labor en pro do envellecemento activo.
Ategal é un centro de formación socio cultural, colaborador da Xunta de Galicia que, sen ánimo de lucro, leva dende 1978 axudando a manterse activo, a mellorar a calidade de vida de adultos e persoas maiores e a que estes encontren amizades e actividades para compartir no seu tempo de ocio. Pioneira na formación de adultos de Galicia, conta actualmente con 1.700 socios.
Nestes 36 anos, Ategal formou uns 55.000 alumnos dos que algún deles cumpriu na entidade ata 20 anos seguidos.
Rexístrate como: