Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Reloj inteligente Jumpy

Jumpy é outro smartwatch creado para os máis pequenos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/12/14 (09:28)

Xa vimos algúns exemplos como Filip II ou LG KizON, ámbolos dous dispoñibles nalgúns mercados, e coa misión de achegar o smartwatch aos máis pequenos. Gústenos máis ou menos a idea, a prioridade parece estar en ter aos nenos localizados.

Ao contrario que os dous exemplos que vos comentamos, Jumpy non é un teléfono móbil, é máis ben un reloxo intelixente orientado aos máis pequenos. Igualmente será compatible con teléfonos iOS e Android, desde os que os pais poderán interactuar cos seus fillos.

Desenvolveuno unha compañía de Taipei chamada JoyRay, dirixida por Jerry Chang, anteriormente no departamento de telefonía de Foxconn. Aproveitando a súa relación coa gran factoría chinesa, vanlles a confecciona-lo reloxo.


Todo o mundo pode desenvolver aplicacións

En JoyRay pensan que a competencia que está a florecer está a priorizar no control, e non nas funcionalidades que pode outorgar o produto. Eles van propor unhas ferramentas de desenvolvemento gratuítas, é dicir, a posibilidade de que calquera poida crear aplicacións para o reloxo.

Entre cinco e oito anos é a idade que consideran máis interesante para o uso de Jumpy. Destacan as correas intercambiables, as posibilidades de control mediante xestos e voz, e a tecnoloxía implementada, como xiroscopios, conectividade Bluetooth, etc.

Como algún podía intuír, Jumpy está a pedir axuda nunha plataforma de financiamento, onde o vende a 99 dólares, con marzo do ano que vén como data de saída ao mercado. Actualmente levan recadado a metade do que tiñan previsto, e quedan 17 días.

O mercado dos reloxos intelixentes vai medrar moito nos próximos anos, estimándose que se moverá en 373 millóns cando cheguemos a 2020. En 2014 espéranse unhas vendas de máis de 15 millóns. Para mover esas cifras, moitos pensan que será importante meter aos nenos no negocio.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal