Cada vez son máis os investigadores que se suman á montaña dos 'weareables' en busca de innovar nas formas que os usuarios interactúan cos seus dispositivos e complementos. Con esta idea nace Cicret Bracelet, que utilizarías a pel como superficie para a nosa pantalla Android.
Hoxe estreouse en Cicret (plataforma de crowdfunding) Cicret Bracelet unha pulseira que pretende converte-lo noso brazo nunha pantalla dunha tablet. A pulseira poríase como calquera outro accesorio, a súa novidade sería o picproyector que estendería sobre o brazo do seu portador unha pantalla coa que poder interactuar.
A pantalla que a pulseira proxectaría sobre o brazo sería táctil e podería ser controlada como calqueira outro dispositivo móbil. Para estender a pantalla sobre o brazo só se tería que facer un xiro de pulso e unha vez se finalice de consulta-la pantalla teríase que facer o mesmo xiro para apagala.
Os encargados de facilita-la interacción entre o picoproyector e os nosos dedos -que lle dan a funcionalidade táctil- serían 8 sensores de longo alcance. A clave da pulseira é que se atoparía conectada ao noso dispositivo Android, permitíndonos realizar tódalas funcións dispoñibles no sistema operativo de Google, incluíndo contestar e realizar chamadas de telefono.
Aínda así o dispositivo conta co seu propio procesador, memoria externa de só lectura, así como a posibilidade de establecer conexións Wifi, Bluetooth ou porto micro USB. Tambien conta con vibración e batería de duración indefinida, polo que aínda que dependa dun dispositivo Android, conta con relativa autonomía por se mesmo.
O proxecto Cicret Bracelet necesita en total un millon de euros para ser desenvolvido na súa totalidade: 700.000 euros para desenvolve-lo prototipo e 300.000 para desenvolve-la aplicación Cicret que permitiría a interacción pulseira/smartphone ou pulseira/tablet. Os seus desenvolvedores aseguran que levarían a aplicación a tódalas plataformas, polo que sería posible utiliza-la pulseira nun futuro con Windows Phone ou iOS.
De momento leva recadado un 8% do total (80.000 euros), nas poucas horas que leva na plataforma. Non se sabe ata que data se permitirá aos usuarios apoia-lo proxecto ou se o proxecto chegará a desenvolverse, pero desde logo é unha proposta orixinal.
Rexístrate como: