Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pulseira Embrace no nocello dunha nena

Embrace é a pulseira que pode axudar en caso de ataques de epilepsia

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 24/11/14 (09:08)

Os cuantificadores teñen unha marxe de mellora no campo da saúde, e Embrace, que busca financiamento en Indiegogo, apunta a ser unha das que se poña a traballar nesa dirección.

Esta pulseira cuantificadora non só mide pasos, distancia ou o soño senón que é capaz de determinar a Actividade Electrodérmica (EDA), algo que xa foi usado para estuda-lo estrés, autismo, depresión ou mesmo epilepsia en programas en colaboración coa NASA, Intel, Microsoft ou as universidades de Stanford ou Yale.

É precisamente na detección de ataques de epilepsia onde Embrace se mostrou especialmente prometedora. Mediante os seus sensores de movemento e EDA, a pulseira é capaz de avisar mediante mensaxes do inicio dun ataque, facilitando a acción case inmediata.

A pulseira busca actualmente financiamento e de feito xa conseguiu en apenas tres días o seu propósito. Facerse cunha unidade custa 189 dólares, haberá versión para adultos e nenos, e de entrada sairá con dúas aplicacións listas para usar: unha de detección de ataques de epilepsia e outra para avisar en caso de niveis altos de estrés.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal