Como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades á hora de desenvolver e publicar nun store unha aplicación móbil e que beneficios reportan as súas aplicacións á cidadanía e o futuro da creación de aplicacións móbiles, son os aspectos que abordarán os relatores da xornada “As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía”. Trátase do cuarto Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Celebrarase o vindeiro martes 25 de novembro, en Santiago de Compostela.
Lugar de celebración e inscricións
A xornada, na que trala exposición dos expertos se celebrará un debate sobre o futuro das aplicacións móbiles e ata onde pode chega-lo seu impacto social, terá lugar entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://www.faitedixital.es/castellano/participa/formulario-casos-de-%C3%...
Os relatorios poderán ser seguidos a través das canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). Na páxina web de Faite Dixit@l! (http://www.faitedixital.es) pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais.
Os relatores
Faladoiros Dixitais
O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha’, celebrado o pasado 28 de outubro (ligazón ao vídeo do evento: http://cemit.xunta.es/gl/node/6019), dous seminarios de expertos e dúas xornadas de exposición de casos de éxito una delas a que nos ocupa e outra sobre marca persoal.
Faite Dixit@l
‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamiento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empregabilidade coa tecnoloxía e a sociedade da información como base.
'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Ademais, ata o 28 de novembro permanecerá aberto o prazo a inscrición o ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñece-la creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo.
Rexístrate como: