Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Maiores usando un portátil

Post55 e 60ymas: redes sociais para os maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/11/14 (09:22)

Con seguridade todos tedes na vosa contorna familiares, amigos ou coñecidos maiores de 55 anos. Ou quizais sexas ti quen rolda esa idade da madurez e experiencia e te atopes un pouco estraño noutras redes sociais horizontais ou xeneralistas, onde todos teñen cabida sexan da idade que sexan, e non atopas moita sintonía para falar sobre vivencias ou compartir intereses.

O caso é que estas persoas de 55 anos en diante tiveron que aprender e adaptarse ás Novas Tecnoloxías, sendo á vez coñecedoras e usuarias de tódalas tecnoloxías punteiras de épocas anteriores como o foron a máquina de escribir, o magnetofón, o tocadiscos. Agora, conseguiron vencer o medo ás TIC, e xa usan os computadores, o teléfono móbil e as tablets. Souberon recoñecer que supoñen unha ferramenta de sociabilización.

Nese sentido, foron xurdindo redes sociais verticais, é dicir, dirixidas a un público moi concreto e segmentado, o dos maiores de 55 anos.

De entre tódalas que existen, ímonos a deter en coñecer dúas delas:

Post55

Naceu co propósito de achega-las novas tecnoloxías e facilita-lo acceso a Internet ao colectivo de maiores de 55, creando un espazo no que os usuarios poidan comunicarse, expresarse e compartir. O seu obxectivo é rompe-la fenda dixital entre xeracións e achegar a ese sector da poboación á Rede e que coñezan os termos e xerga do medio.

Non se limita a ser unha mera rede de intercambio de información e arquivos entre os usuarios, xa que conta con numerosas contidos formativos e informativos sobre lecer, cultura, saúde ou deporte.

 

60ymas

Defínense como "un sitio onde quedar, como se di agora, para avisarnos de calquera cousa que poida ser interesante para todos: consellos sobre xubilacións, compras, afeccións ou sitios que visitar". En definitiva, combater a soidade cun grupo de persoas que teñen  os mesmos intereses. Tamén para atopar a quen se mudaron ás grandes capitais e quere saber que foi dos veciños do seu pobo de orixe.

Ademais, este sector está a situarse como atractivo comercial para algunhas marcas que tiveron en conta as súas preferencias, sobre todo na estratexia de contidos.

Tema: Xeral
Fonte: tecnologia.hola.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal