Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
LG Kizon

LG KizON, o wearable localizador para nenos ven a Europa

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/11/14 (13:39)

Onte falabámosvos do seu competidor no mercado norteamericano, o FiLIP 2, con bastantes comentarios negativos respecto diso da situación que se presenta: un neno cun wearable encima, conectado e controlado polos seus pais.

Agora decatámonos que a proposta de LG non só será un dispositivo útil en Corea do Sur, senón que decidiron traelo a Europa. LG KizON é o nome da criatura, que xa vos presentamos alá polo mes de xullo.

KizON, un teléfono no pulso
Como podedes ver nas imaxes, o wearable ten un tamaño considerable para o brazo dos máis pequenos, pero é que nela hai embutida toda a tecnoloxía necesaria para realizar as comunicacións dun teléfono móbil.

Como elemento dependente das operadoras, LG está a traballar a posible oferta coas principais empresas europeas, igualmente chegará libre. No pasado IFA de setembro, tivemos a ocasión de probalo.

Conta cun modem 2G, e un receptor GPS, que permitirán comunicarnos e ter localizados aos máis pequenos. Os pais poderán acceder desde unha aplicación móbil á posición do crío, e terán a posibilidade de recibi-la chamada do seu fillo nunha emerxencia ou necesidade.

A comunicación vía voz desde KiZON realízase pulsando prolongadamente un botón, nunha función denominada "One Step Direct Call". Adicionalmente hai unha opción de recordatorios, que periodicamente nos manda onde se atopa o neno.

As súas dimensións completas son de 34.7 x 55.2 x 13.9 milímetros, e pesa 43 gramos. Dentro cabe unha batería de 400mAh - 36 horas de vida - e unha memoria de 64MB. Ademais da pulseira, tamén é posible colgalo cun enganche.

LG KizON vai chegar a Europa esta mesma semana - primeiro Polonia -, e claramente está deseñado para ser resistente ante a forma de vida dun rapaz de preescolar ou primaria. Estará dispoñible en azul ou rosa, pero de prezos, non sabemos nada de aínda.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal