Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cocemfe

O Xogo "Accesibilízate" conquista o barrio madrileño de Canillas

  • COCEMFE e FAMMA COCEMFE Madrid organizaron "Accesibilízate: xogo de orientación NTIC", dentro da XIV Semana da Ciencia da Comunidade de Madrid grazas ao apoio de Fundación Vodafone España
  • Durante a actividade tres grupos competiron para conseguir a máxima puntuación nun tempo determinado, ao longo dun percorrido polo barrio de Canillas, utilizando as aplicacións móbiles "Accessibility" e "Liña Accesibilidade"
  • "A usabilidade das novas tecnoloxías é importante para todos, e cantas máis persoas as poidan utilizar, maiores barreiras se poderan eliminar en beneficio da autonomía persoal do noso colectivo", destacou o vicepresidente de COCEMFE e presidente de FAMMA COCEMFE Madrid, Javier Font
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/11/14 (17:47)

A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e FAMMA COCEMFE Madrid organizaron onte no Centro Comercial e de Lecer Palacio de Xeo de Madrid, no marco do proxecto "TIC-Experiencia", a actividade "Accesibilízate: xogo de orientación NTIC", dentro da XIV Semana da Ciencia da Comunidade de Madrid.

Durante a mesma tres grupos competiron para conseguir a máxima puntuación nun tempo determinado, ao longo dun percorrido polo barrio de Canillas, utilizando para iso as aplicacións móbiles "Accessibility", que axuda a localizar espazos e lugares accesibles para persoas con mobilidade reducida e "Liña Accesibilidade", que desenvolvida co apoio do Real Padroado sobre Discapacidade, permite aos cidadáns comunicar aos concellos as incidencias en materia de accesibilidade do seu municipio. Ámbalas aplicacións desenvólvense grazas á colaboración de Fundación Vodafone España.

Antes de comezar o xogo o vicepresidente de COCEMFE e presidente de FAMMA COCEMFE Madrid, Javier Font, dedicou unhas palabras de benvida aos asistentes e aproveitou para dar as grazas a todos os participantes porque segundo explicou "a usabilidade das novas tecnoloxías é importante para todos, e cantas máis persoas as poidan utilizar, maiores barreiras se poderan eliminar en beneficio da autonomía persoal do noso colectivo".

Igualmente, destacou que as dúas aplicacións utilizadas no xogo "compleméntanse". "Na medida en que podemos desprazarnos con normalidade grazas a "Accessibility", detectamos barreiras que podemos comunicar a través de "Liña Accesibilidade" co obxectivo principal de lograr unha contorna máis accesible", engadiu.

O equipo gañador recibiu uns boligráfos-pen drive e unhas entradas de cinema como premio, e o resto de participantes recibiron unhas mochilas de COCEMFE tamén como obsequio.

COCEMFE e FAMMA COCEMFE Madrid desenvolveron esta actividade dentro da XIV Semana da Ciencia de Madrid grazas apoio da Fundación Vodafone España, e coa colaboración de Cinemas Dreams e de Hackity, un estudo de deseño social que axuda aos cidadáns, asociacións, administracións e empresas a deseñar cidades máis habitables para todos.


A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) é unha Organización non Gobernamental sen ánimo de lucro que se constituíu en 1980. O seu obxectivo é aglutinar, fortalecer, formar e coordinar os esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica para defender os seus dereitos e mellorar a súa calidade de vida. A Entidade congrega a máis de 1.600 organizacións en todo o país, divididas en Confederacións Autonómicas, Entidades Estatais e Federacións Provinciais que á súa vez, agrupan ás diferentes asociacións locais.

FAMMA COCEMFE Madrid é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a 47 asociacións de persoas con discapacidade da Comunidade de Madrid. Ao ser a interlocutora da discapacidade física e orgánica ante a Administración e o movemento asociativo, reivindica e xestiona actuacións e servizos a favor do colectivo ao que representa. Esta entidade foi declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior.
 

Tema: Xeral
Fonte: Cocemfe
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal