A día de hoxe, practicamente todos os pais sabedes que un menor de 14 anos non pode pertencer a unha rede social de uso xeral, como pode ser Tuenti, Facebook ou Twitter, sen o consentimento expreso dos seus pais. En España isto é así porque o artigo 13.1 do Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999 establece como criterio xeral que:
"Poderá procederse ao tratamento dos datos dos maiores de catorce anos co seu consentimento, salvo naqueles casos nos que a Lei esixa para a súa prestación a asistencia dos titulares da patria potestade ou tutela. No caso dos menores de catorce anos requirirase o consentimento dos pais ou titores".
Do artigo pódese concluír que, unha empresa ou entidade non poderá rexistrar datos de menores de 14 anos sen o consentimento dos pais.
Deixando ao carón os aspectos legais, existen outras razóns polas que a un menor non se lle recomenda pertencer a unha rede social, xa que un uso incorrecto destas podería derivar en perda de privacidade, establecer contacto con "estraños", etc.
Resulta máis que obvio que, como pais que sodes, non queirades que os vosos fillos corran ningún tipo de risco... pero, que podedes facer se o voso fillo insiste unha e outra vez en pertencer a algunha rede social?
É moi importante que faledes con eles para facerlles ver e comprender que riscos implica o uso dunha rede social para que eles comprendan que non se trata dunha prohibición senón dunha medida de protección. No entanto, existen servizos alternativos en Internet aptos para nenos, que se coñecen comunmente como redes sociais infantís, e cuxo funcionamento se basea en que os pais sodes os que: rexistrades, xestionades e vixiades a conta do menor. Compartimos convosco algúns destes servizos (hai moitos máis). En función da idade dos vosos fillos, interesaranvos uns ou outros:
Unha vez máis, lembrámosvos que non por usar este tipo de servizos debedes despreocuparos e relaxarvos. Deixámosvos algúns consellos para compartir cos vosos fillos:
Rexístrate como: