Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Soletas intelixentes

Soletas intelixentes para evita-las temidas caídas dos anciáns

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/11/14 (12:59)

O estudo válese das achegas de estudos anteriores que demostraban que cunha idade avanzada, a perda de sensibilidade nos pés está relacionada cunha perda do equilibrio xa que a información da nosa pisada non alcanza de forma completa ao cerebro, polo que é posible que o risco de caídas aumente en etapas avanzadas de idade. Por agora non hai operacións ou tratamentos eficaces para devolver esa sensibilidade plena a unha zona como a planta do pé, así que o avance que fixeron na Universidade de Hardvard con esta información é moi importante.

Os primeiros dispositivos médicos que se aproveitan deste descubrimento incorporan todos os elementos nunha soleta que non sería complicada de comercializar. Na soleta como tal van integrados os conversores de enerxía eléctrica en vibracións ou presión para determinadas zonas do pé, mentres que noutras zonas do zapato albergaríase o resto de elementos como a batería recargable.

Con estas soletas colocadas e personalizadas segundo as necesidades de cada paciente, as persoas maiores recibirían vibracións nos pés que obrigarían a un cambio na súa postura co obxectivo de evitar caídas. Por agora seguirán as probas con máis factores de forma antes de poder pasar a ser aprobado polo departamento de Sanidade en EEUU.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal